miércoles 2 de enero de 2008

RUTA DOS MUÍÑOS DE BARRANTES E BATÁN
A primeira ruta fluvial, que transcorre ao longo do río Grande, conta cun total de 6 muíños completamente rehabilitados, que discorren por un sendeiro de aproximadamente 2 quilómetros. Ao seu interese etnográfico -a restauración destes artiluxios serviu para recuperar unha parte importante da cultura popular e do pasado ribadumiense- hai que incluir a súa beleza paisaxística e riqueza medioambiental.
O punto de inicio sitúase no lugar de Torre, pertencente á parroquia de Barrantes, no municipio de Ribadumia. Accédese a el pola saída da glorieta que conduce ata Ribadumia (Barrantes) e que ademais une as estradas da vía rápida do Salnés.
Todos os domingos e festivos, tanto en verán como en inverno, conta coa experiencia e o saber dun muiñeiro, que o pon en funcionamento ofrecendo ao visitante a posibilidade de adquirir fariña e recrearse vendo como esta se elabora in situ.
Estes muíños están sendo adicados de novo á actividade da moedura grazas á reconstrucción dos seus mecanismo interiores. Así, quenes desexen coñecer este entorno recuperado poderán comprobar como o gran é convertido en fariña polo funcionamento dunha enorme pedra movida exclusivamente pola forza da auga do río.
A segunda ruta consiste nun percorrido por catro muíños de pequenas dimensións dispostos en cascada ao longo duns 300 metros que conforman un paseo fluvial idílico no río Batán, que recibe este nome debido á existencia nesta zona dun antigo batán -máquina movida pola forza hidráulica que serve para bater en mollado o tecido saído do tear, como lá ou liño-.
DÍAS DE VISITA: martes e xoves de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas
COLEXIOS: de luns a venres


RUTA DO VIÑO
Esta ruta constitúe a mellor opción para os visitantes que desexen afondar na cultura do viño, e mais concretamente na do Albariño. É unha das ofertas culturais máis desenvolvidas na Comarca do Salnés, a cuna destes caldos.
A Ruta do Viño Rías Baixas permite ao turista visitar varias bodegas da comarca de moi diverso carácter: familiares, cooperativas de gran tamaño, urbanas, históricas, artesanais, ... En todas elas pódese degustar o viño así como as súas augardentes, e coñecer directamente por boca dos produtores cómo se transforma a dorada e delicada uva albariña nun delicioso caldo. Esta realidade pode coñecerse por medio dunha ruta na que se integran algunhas bodegas deste municipio
Fuente:concello